Paxaro Amigo (Músicas para a Paz) é un espectáculo que xunta música e teatro nunha mesma celebración. Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a paz. De feito, a paz prodúcelle picóns por todo o corpo, dende o cocote ata a punta do pé. Discordia goza facendo que todos os animais e os humanos se leven mal. Menos mal que ten unha curmá fada, pois xa se sabe que na familia haiche de todo… Un día algo acontece que cambiará o seu mundo para sempre. Un espectáculo de Mamá Cabra con texto e dirección de Pepablo Patinho e inspirado no libro de Mamá Cabra “A Bruxa discordia”, unha proposta cargada de mensaxes que inciden nun mundo mellor.